ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

XXIII As Nosas Músicas

Posted by on 2018/08/04

XXIII As Nosas Músicas

O lúns 3o de Xullo foi presentada a XXIII Edición As Nosas Músicas en A Senra Café en Pontevea. Nesta presentación estiveron presentes membros da asociación A Xesteira, o alcalde da Estrada; Jose Lopéz Campos, xerente de A Senra Café; Roberto Conde Salgado, así como membros de cada un dos grupos que participa na presente edición.

Foron desvelados todos os detalles da presente edición agás @ premiad@ do III Premio As Nosas Músicas, que será desvelando nos vindeiros días.

A programación da XXIII As Nosas Músicas e a seguinte:

-14:00 hs.- Sesión vermú con Airiños da Freba

-17:00 hs.- Eira Xandobeleira, Obradoiro de xogos tradicionais.

-19:00 hs.- Instrumentos pobres con Xabier Blanco

-20:30 hs.- Obradoiro de iniciación ó baile tradicional con Manolo Cobas

-22:00 hs.- CONCERTOS

• TANXUGUEIRAS

• III Premio “As Nosas Músicas”, entrega Carlos Blanco

• OS VIQUEIRAS

• FIANDOLA

• FAISCAS DA PONTRAGHA

• ARTMONIUN

Como novidades este ano cabe resaltar os cambios na zona gastronómica que este ano corre da man de Polbería Porta, Argentinos Burguer e A Senra Café. Incorporación dun servizo de autobús con saída ás 6.ooh con destino Puentevea e A Estrada.

Así mesmo coma todos os anos, contaremos con zona de acampada, zona de aseos, postos de artesanía, aparcadoiro a vontade e un sen fin de detalles que farán do día 14 de Agosto unha xornada diferente, chea de música, baile e entretemento.

Por último agradecer toda axuda prestada por parte de todos os colaboradores, especialmente o Concello de A Estrada.

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR