ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA 2021

Posted by on 2021/09/14

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA 2021

Comezamos un novo curso coas clases na Escola de Música Tradicional A Xesteira, con Pichi, Xermán e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Atenderemos ás medidas  de seguridade e protección diante da COVID-19 que se establezan en cada momento. O profesorado prepara un programa de aprendizaxes conxuntas nas aulas de baile, pandeireta, percusións de man, tambor e bombo e gaita.

Retomaremos o Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de maio, adiado na cuarta edición polo confinamento de 2020 e as restriccións de 2021.

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 2 de outubro, os sábados:

  • Iniciación, 19:30-20:30
  • Avanzado, 20:00-21:00

BAILE E PANDEIRETA INFANTIL, de 6 anos en adiante (Pichi Abollado), desde o 2 de outubro, os sábados, de 18:30 a 19:30

PANDEIRETA, CANTO E PERCUSIÓNS (Xermán Muíños), desde o 2 de outubro, os sábados (INSCRICIÓN PECHADA, GRUPOS COMPLETOS)

  • Grupo Iniciación 1, 18:00
  • Grupo Iniciación 2, 19:00
  • Grupo Avanzado, 20:00

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira, cazola- (Xermán Muíños), comezo o 9 DE OUTUBRO

  • Último Sábado  de cada mes 18:00 (iniciación 1) 19:15 (iniciación 2) 20:30 (avanzado)

GAITA (Xián Herrera). Desde o 4 de outubro, os luns. Tres clases presenciais, a cuarta a distancia

  • Iniciación, 20:00-21:00
  • Avanzado, 21:00-22:00

PERCUSIÓN -tambor e bombo- (Xián Herrera).  Desde o 4 de outubro, os luns. Tres clases presenciais, a cuarta a distancia

  • Iniciación e nivel medio, 19:00-20:00. A maiores, clases conxuntas co alumnado de gaita.

PREZOS:

Se es socia ou socio da Xesteira, tes un desconto de 5 € na inscrición nas actividades   Asóciate

O pago será trimestral, antes da SEGUNDA CLASE de cada trimestre, mellor vía transferencia bancaria. Podedes asistir a unha clase de proba sen compromiso.

  • Inscrición: 20 € (anual, por persoa ou familia, para todas as actividades)
  • Baile: 45 € trimestre
  • Baile e pandeireta infantil: 40 € trimestre (irmás/áns 35 €)
  • Pandeireta: 45 € trimestre (INSCRICIÓN PECHADA, GRUPOS COMPLETOS)
  • Percusión de man: 25 € trimestre (gratuíto para o alumnado de pandeireta)
  • Gaita: 90 € trimestre (individual), 75 € trimestre (en parellas)
  • Percusión (tambor e bombo): 45 € trimestre

FORMULARIO DE INSCRICION   Inscríbete

OUTRAS ACTIVIDADES, en función da situación sociosanitaria, nas que se propón a participación do alumnado:

  • NOVIDADE PARA ESTE CURSO: Obradoiro de canto popular e de taberna
  • Quedadas festerias e foliadas: alumnas e alumnos, docentes da escola, …
  • Ruada do Outono, no mes de Novembro
  • Cursos monográficos
  • Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional, no mes de Maio

 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR