ANM | As Nosas Músicas de Couso

ARTISTAS

Martes 13 de agosto

● BENOFAN (CALO, TEO)
● CHARANGA E PANDERETEIRAS A PONTE VELLA (REIS, TEO)
● PANDERETEIRAS  ROSALÍA DE CASTRO (CACHEIRAS)
●  PINGUELA DE BAMA
● SILVAREDONDA (RIANXO)

Mércores 14 de agosto

OS D'ABAIXO

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza, como por outro provintes de bandas folk de amplia traxectoria como son Berrogüetto ou Fía na Roca.

COMANDO CURUXÁS

O son desta banda lembra as antigas romarías, e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile… e iso é o que queremos que pase no noso torreiro!

Fandangos, rumbas, xotas ou muiñeiras para non parar de moverse; cun filtro de modernidade, arranxos e harmonías actuais.

PANSENFRÓN

A familia de cores que acompaña a Xurxo Fernandes nas súas aventuras sempre viaxa cunha pandeireta na man. Tocar pola rúa e facer a festa é a especialidade destas pandeireteiras tan singulares que tanto bailan unha muiñera coma un nestinarstvo ou una tarantella.

Ademáis de pasalo pipa, os principais obxectivos das PAN.SEN.FRON son poñer en valor a cultura galega, expandila e irmanala con outras culturas e sonoridades tradicionais. Proba disto é o seu repertorio musical, no que atoparemos pezas de aquí e de alá, sempre reinterpretadas ao máis puro estilo pansenfrónico.

AILÁ

Ailá é unha proposta festiva e minuciosa, que dá boa conta do inmenso patrimonio vinculado ao canto e ao baile tradicional de Galicia. Un repertorio baseado na investigación de numerosos arquivos sonoros dotados de arranxos modernos e enerxéticos.

Grupo Art-Monium

ART MONIUM

Música, animación e teatro de rúa.

Día 13

A PONTE VELLA, pandeireteiras e charanga
ALDOMIR, pandereteiras
ULTREIA, pandeireteiras e charanga
DONER E OS KEBABS

 

Día 14

Grupo Leilia

Leilia

Día 14 – 21:30

Grupo Alvariza

Alvariza

Día 14 – 23:00

Grupo Art-Monium

Art-Monium

Día 14 – 00:15 / 02:00

Airinhos da Freba

Día 14 – 00:45

Grupo Aila

Ailá

Día 14 – 02:30

Scroll ao inicio