ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

XXI Edición As Nosas Músicas

Posted by on 2016/08/01

XXI Edición As Nosas Músicas

Novo ano, nova edición d´As Nosas Músicas. A continuación presentamos todo o programa.

Corría o ano 1996 cando comezaba a súa andaina esta festa, e con este facemos 21. Nesta ocasión, coma todos os anos o 14 de agosto contamos coas actuacións de XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE, TRES PESOS, TIRULEQUE e MARÍA DA PONTRAGHA. Pero xa e sabido que non todo e música, temos moito máis.

as nosas musicas - cartaz 2016 - novos logosCara a unha e media da tarde, comezará a festa coa Sesión Vermú a cargo da Charanga Trébede, para continuar as catro e media da tarde co Curso De Percusión de Man e Tradición Oral a cargo de Xabier Díaz. (Inscricións na web)

Ás cinco da tarde tarde dará comezo De Troula en Troula a cargo de Xandobela, actividades para os cativos e non tan cativos.

Chegadas ás sete da tarde, Iniciación ao Baile Tradicional Galego. Obradoiro impartido por Miguel Sotelo, aberto e gratuíto.

A partir das oito e cuarto da noite charla, mostra e actividade ao vivo con As Marionetas do Mundo: Galicia; dos fíos de Anxo García, mestre titiriteiro. A Continuación as dez menos cuarto da noite darémoslle paso a música cos Cantos de Taberna das mans dos Muiñeiros do Sarela.
E xa por último, pero non por iso menos importante, a partires das once e media da noite comezarán a actuar os grupos no escenario.

O PROGRAMA QUEDA COMO SEGUE

13.30 h
Sesión vermú – Charanga Trébede

16.30 h
Curso de Percusión de Man e Tradición Oral* (Xabier Díaz)

17.00 h
De Troula en Troula (Xandobela)

19.00 h
Iniciación ao Baile Tradicional (Miguel Sotelo)

20.15 h
As Marionetas do Mundo: Galicia (Anxo García)

21.45 h
Cantos de Taberna – Muiñeiros do Sarela

23.00 h
TRES PESOS + XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE + TIRULEQUE + MARÍA DA PONTRAGHA

*Curso con límite de 20 prazas. Custe 25€.

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR