ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

Percusión de man na tradición galega

Posted by on 2017/09/13

Percusión de man na tradición galega

PERCUSIÓN DE MAN  (Xermán Muíños)

Para este ano 2017, desde a Escola de Música Tradicional A Xesteira de Couso, propomos esta actividade permanente con unha sesión mensual adicada ao estudio e manexo de instrumentos de percusión presentes e asociados á nosa tradición oral.

En dous grupos de traballo (iniciación e avanzado), xuntarémonos unha vez ao mes, en sesións de 1 h 15 min por grupo, para traballar os xeitos, ritmos e repertorio para:

  • pandeiro
  • pandeira
  • lata
  • cazola (tixola)
  • percusión miúda: culleres, cunchas

DATAS E HORARIOS

Desde o 29 de Setembro, o último venres de cada mes

  • Iniciación: 21:00
  • Avanzado: 22:15

PREZOS

8 € ao mes, con 15 € de inscrición anual como as demais actividades da escola. Para o alumnado das clases de pandeireta e canto é unha  actividade complementaria das mesmas e gratuíta

FORMULARIO DE INSCRICION: 

A Xesteira: escola de música tradicional. Couso (A Estrada)
Xa podes inscribirte nas clases da Escola de música tradicional da Xesteira (Couso)

MAIS INFORMACIÓN: 625 178 362
* Required
Teléfono de contacto *
Your answer
Nome e apelidos *
Your answer
Enderezo electrónico *
Your answer
Quero inscribirme nas clases de ... *
Marca a clase ou clases ás que queres asistir
Required
Leín e acepto *
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos achegados neste formulario rexistraranse nun ficheiro automatizado cuxo resposable é a Asociación A Xesteira e cuxas finalidades serán as seguintes: xestión de datos de identificación e contacto de persoas que se relacionan ca Asociación recibindo ou remetendo informacións. Vostede poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos contidos no ficheiro perante a Asociación A Xesteira (Sequeiro, s/n. Couso. A Estrada. 36682). De acordo coa Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e o comercio electrónico, solicitamos o seu consentimento para poder realizar comunicacións relativas ás actividades e programas que a Asociación leva a cabo e que se considere poidan ser do seu interese. As imaxes do desenvolvemento destas actividades poderanse empregar para ilustrar noticias e informacións referidas exclusivamente a elas. Algúns dos datos solicitados teñen carácter obrigatorio e están sinalados cun asterisco vermello. Sen esa información non será posible completar a súa preinscrición por medios telemáticos.
Required
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service
 
 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR