ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

Móllate polos ríos, VII limpeza simultánea

Posted by in | 0 comments

  • Price: Gratuíto
  • Date: Dom, Set 28, 2014
  • Time: 10:00 am - 2:00 pm
  • Venue: Couso e Cora
  • Location: Marxes do Ríos Vea e Ulla

Este domingo, mollámonos polos ríos, ves con nós?

Imos participar na VII limpeza simultánea de ríos galegos, no marco do Proxecto Ríos, do que somos entidade colaboradora. O Proxecto Ríos está organizado por ADEGA e xa conta con 10 anos de intensa historia e vivencias en defensa dos nosos ríos, así que as integrantes da Xesteira e veciñas e veciños de Couso estamos fondamente satisfeitas e orgullosas de poder ter participado, traballando, desfrutando e aprendendo nos ríos Vea e Ulla.

Quedamos ás 10 da mañá na explanada do Bar A Outeira (Couso, no enlace coa estrada que vaia a Cuntis), sede puntuais. So tedes que traer roupa e calzado axeitado, e un par de luvas.

Podes contactar con nós chamando a Maika (650 346 097 )

Mais información:

limpezas simultáneas

proxecto ríos

 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR