ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2017

Posted by on 2017/09/06

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2017

Un ano mais, comezan as clases da Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán, Manoliño e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Como novidade, comezamos este ano 2017 co grupo de baile tradicional infantil, para nenas e nenos de 5-6 anos en adiante.

Anticipamos tamén  a vontade de organizar o II Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de Maio en Couso, continuación da iniciativa que se promoveu desde a nosa escola no ano 2016 e que xuntou nunha xornada musical e festiva as escolas da Xesteira (Couso), Brincadeira (Compostela), A Xuntanza (Barrio de San Pedro) e A Mámoa (Luou).

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 16 de setembro os Sábados ás 20:00

BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5-6 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 21 de outubro os Sábados ás 19:15

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 7 de outubro os sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira…- (Xermán Muíños), desde o 29 de Setembro, o último venres de cada mes ás 21:00 (iniciación) e ás 22:15 (avanzado)

PERCUSIÓN-TAMBOR E BOMBO- (Manuel Edreira Buela, Manoliño), desde o 6 de outubro, os venres ás 20:00

GAITA (Xián Herrera), desde o 5 de outubroos xoves a partir das 20:00 

PREZOS:

  • Inscrición: 15 € (unha soa anual, para todas as actividades)
  • Baile: 12 € mes (si participas en baile e pandeireta, 10 € por cada unha)
  • Pandeireta: 12 € mes (si participas en baile e pandeireta, 10 € por cada unha)
  • Percusión de man: pandeiro, lata, pandeira … : 8 € (gratuíto para o alumnado de pandeireta e canto da escola)
  • Percusión (tambor e bombo): 15 €
  • Gaita: 30 € mes, (clase individual), 25 € mes (clase en parellas)

XA ESTA ABERTA A INSCRICION podes leer máis e inscribirte neste ENLACE

 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR