ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA COUSO 2019

Posted by on 2019/09/13

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA COUSO 2019

Comezamos coas clases na Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos xa iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Continuamos co grupo de baile tradicional infantil, con nenas e nenos de 5-6 anos en adiante.

Anticipamos tamén o IV Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de Maio en Couso, continuación da iniciativa que promovemos desde o ano 2016 e na que se xuntan en xornada musical e festiva varias escolas populares de música tradicional do noso entorno.

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 05 de outubro.

  • Os Sábados, ás 20:00.

BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 05 de outubro.

  • Os Sábados, de 19:30 a 20:00.

PANDEIRETA INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Xermán Muíños), desde o 05 de outubro.

  • Os Sábados,  de 19:00 a 19:30.

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), máximo 6 persoas por grupodesde o 05 de outubro.

  • Os Sábados, de 18:00 a 19:00 (iniciación I), de 19:30 a 20:30 (iniciación II) e de 20:30 a 21:30 (avanzado).

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xermán Muíños), desde o 05 de outubro.

  • Último Venres de cada mes ás 21:00 (iniciación) e ás 22:15 (avanzado).

GAITA (Xián Herrera), este ano cambiamos de día. As clases serán tódolos martes desde o 1 de outubro.

  • Os  Martes de 20:00 a 21:00 (iniciación) e de 21:00 a 22:00 (avanzado).

PREZOS:

Este ano como novidade poderás facerte soci@ da Xesteira  a partir do 1/10/19. Deste xeito obterás un desconto de 5€ na cota de inscrición en calquera das actividades.

O pago das actividades será trimestral. O pago efectuarase na primeira clase de cada trimestre.

  • Inscrición: 15 € (unha soa anual, para todas as actividades, tamén unha soa por familia)
  • Baile: 45 € trimestre (infantil 36 € trimestre, 30€ trimestre se a nai ou o pai participa en baile para adultas)
  • Pandeireta: 45 € trimestre (infantil 36 € trimestre, 30€ trimestre se a nai ou o pai participa en pandeireta para adultas)
  • Percusión de man : 25 € trimestre (gratuíto para o alumnado de pandeireta e canto da escola)
  • Gaita: 90 € trimestre(clase individual), 75 € trimestre (clase en parellas)

OUTRAS ACTIVIDADES, nas que se propón a participación das alumnas e alumnos:

  • Quedadas festerias: alumnas e alumnos, docentes da escola, …
  • Ruada do Outono, mes de Novembro
  • Cursos e Obradoiros monográficos (técnica vocal e afinación, percusión específicos, …)
  • Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional, no mes de Maio en Couso

FORMULARIO DE INSCRICION: 

Preme este botón

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR