ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA 2020

Posted by on 2020/09/19

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA 2020

Comezamos un novo curso coas clases na Escola de Música Tradicional A Xesteira, continuando cos grupos xa iniciados outros anos, con Pichi, Xermán e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Na situación e tempos que nos tocan, atenderemos ás medidas de seguridade e protección básicas diante da COVID-19: puntualidade, uso de máscara, desinfección, ventilación, distancia, grupos reducidos, instrumentos de uso individual… En función da evolución, para garantir o cumprimento das recomendacións e as decisións das autoridades sanitarias, poderiamos optar temporalmente por clases a distancia.         Normas COVID-19

O profesorado ten preparado un programa conxunto de aprendizaxes no que se producirá interacción entre todo o alumnado, de cara á montaxe de pezas conxuntas para o baile, desde as aulas de pandeireta, percusións de man, tambor e bombo e gaita. Irémonos organizando conforme avance o curso e en función da situación sociosanitaria (poderán ser en liña ou utilizando audiovisuais).

Pensamos tamén en retomar o Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de maio, adiado na súa cuarta edición por mor do confinamento da pasada primavera.

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 3 de outubro, os sábados.

  • Iniciación, 19:30-20:30
  • Avanzado, 20:30-21:30

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS (Xermán Muíños), desde o 3 de outubro, os sábados.

  • Iniciación, 18:45-20:00
  • Avanzado, 20:00-21:15

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira, cazola- (Xermán Muíños), desde o 2 de outubro.

  • Último Venres de cada mes ás 21:00 (iniciación) e ás 22:15 (avanzado).

GAITA (Xián Herrera). Desde o 5 de outubro, os luns. Unha semana presencial, a seguinte a distancia

  • Iniciación, 20:00-21:00
  • Avanzado, 21:00-22:00

PERCUSIÓN -tambor e bombo- (Xián Herrera).  Desde o 5 de outubro, os luns. Unha semana presencial, a seguinte a distancia.

  • Iniciación e nivel medio, 19:00-20:00. A maiores, clases conxuntas co alumnado de gaita.

PREZOS:

Se es socia ou socio da Xesteira, tes un desconto de 5 € na inscrición nas actividades    Asóciate

O pago das actividades será trimestral, efectuarase na primeira sesión de cada trimestre, en efectivo ou vía transferencia bancaria. Podedes asistir a unha clase de proba sen compromiso.

  • Inscrición: 15 € (unha soa anual, para todas as actividades)
  • Baile: 45 € trimestre
  • Pandeireta: 45 € trimestre
  • Percusión de man: 25 € trimestre (gratuíto para o alumnado de pandeireta)
  • Gaita: 90 € trimestre (individual), 75 € trimestre (en parellas)
  • Percusión (tambor e bombo): 45 € trimestre

OUTRAS ACTIVIDADES, nas que se propón a participación das alumnas e alumnos:

  • Quedadas festerias: alumnas e alumnos, docentes da escola, …
  • Ruada do Outono, mes de Novembro, de ser posible por mor da situación sociosanitaria
  • Cursos e Obradoiros monográficos
  • Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional, no mes de Maio

FORMULARIO DE INSCRICION: 

Preme este botón

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR