ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2018

Posted by on 2018/09/13

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2018

Comezamos coas clases na Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos xa iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Continuamos co grupo de baile tradicional infantil, iniciado o ano pasado, con nenas e nenos de 5-6 anos en adiante. Anticipamos tamén o III Encontro de Escolas Populares de Música...

Read More

Percusión de man na tradición galega

Posted by on 2017/09/13

Percusión de man na tradición galega

PERCUSIÓN DE MAN  (Xermán Muíños) Para este ano 2017, desde a Escola de Música Tradicional A Xesteira de Couso, propomos esta actividade permanente con unha sesión mensual adicada ao estudio e manexo de instrumentos de percusión presentes e asociados á nosa tradición oral. En dous grupos de traballo (iniciación e avanzado), xuntarémonos unha vez ao mes, en sesións de 1 h 15 min por grupo, para...

Read More

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2017

Posted by on 2017/09/06

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2017

Un ano mais, comezan as clases da Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán, Manoliño e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Como novidade, comezamos este ano 2017 co grupo de baile tradicional infantil, para nenas e nenos de 5-6 anos en adiante. Anticipamos tamén  a vontade de organizar o II...

Read More

Curso: percusión de man e tradición oral en Galicia

Posted by on 2016/08/03

Curso: percusión de man e tradición oral en Galicia

Impartido por Xabier Díaz, neste curso achegaremonos ás técnicas e xeitos para a percusión de man en Galicia: pandeireta, pandeiro, pandeira, … parándonos en diferentes zonas da xeografía galega. Pensado para persoas que se manexan cos instrumentos de percusión de man, teremos a posibilidade de compartir inquedanzas co grande profesional Xabier Díaz e con compañeiras e compañeiros de curso...

Read More

Presentacion no Bar O Rollo

Posted by on 2016/07/29

Presentacion no Bar O Rollo

  O venres 29 de xullo, desde as 10 da noite, preséntase a XXI Edición de As Nosas Músicas. E comezamos cunha foliada-festa amenizada por Os de Couso e un montón de amigas e amigos que se achegarán a compartir este momento no Bar O Rollo, en Santa Cristina de Vea. Contaremos coa presenza dun integrante do grupo Tres Pesos, que vai actuar nesta XXI edición, o día 14 de Agosto, en Couso....

Read More

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR