ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

As Nosas Músicas

As Nosas Músicas

 

O Festival de música As Nosas Músicas nace en 1996 na parroquia estradense de Couso  da man da Asociación Xuvenil A Xesteria, como un festival en homenaxe á música tradicional galega e coa intención de dar unha alternativa aos festivais animados por orquestras.
Todo comezou fai 19 anos, cando varios membros da asociación, integrantes da comisión de festas da parroquia e conscientes de que as festas tradicionais con orquestas comezaban a perder público, decidiron probar sorte noutra área, a da música tradicional de Galicia.

Deste xeito, procuraron un tipo de festa que agradara a nenos e adultos, ofrecendo algo novo para Couso e o resultado foi positivo dende o principio. En cada edición, As Nosas Músicas congregaba durante unha noite a preto de 3.000 persoas, incluíndo veciños e visitantes. Dende entón, este evento convértese nun compromiso na axenda dos estradenses e de moitos visitantes, o que fai que ano tras ano este festival se consolide.

Co tempo, o evento foi engadindo actuacións, e actividades complementarias relacionadas ca música e baile tradicionais, un claro exemplo son os obradoiros, que ademais de enriquecer cada evento, axuda a que non se perdan e se conozan distintas artes populares.

Con todo isto, As Nosas Músicas, convértese nunha noite e nun serán de diversión, tradición e compañeiros que rematan tocando e bailando todos xuntos no campo da festa.

Podes ler máis sobre cada edición de As Nosas Músicas, premendo sobre cada cartel.

 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR