ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2018

Posted by on 2018/09/13

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2018

Comezamos coas clases na Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos xa iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán e Xián, o noso  profesorado, desexando empezar. Continuamos co grupo de baile tradicional infantil, iniciado o ano pasado, con nenas e nenos de 5-6 anos en adiante.

Anticipamos tamén o III Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de Maio en Couso, continuación da iniciativa que promovemos desde o ano 2016 e na que se xuntan en xornada musical e festiva varias escolas populares de música tradicional do noso entorno.

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro os Sábados ás 20:00

BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5-6 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 29 de setembr0 os Sábados ás 19:15

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 5 de outubro os sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira…- (Xermán Muíños), desde o 5 de Outubro, o último venres de cada mes ás 21:00 (iniciación) e ás 22:00 (avanzado)

GAITA (Xián Herrera), desde o 5 de outubroos venres a partir das 20:00 

PREZOS:

  • Inscrición: 15 € (unha soa anual, para todas as actividades, tamén unha soa por familia)
  • Baile: 12 € mes (infantil 10 €,  si participa nai ou pai en baile para adultas)
  • Pandeireta: 12 € mes
  • Percusión de man : 8 € (gratuíto para o alumnado de pandeireta e canto da escola)
  • Gaita: 30 € mes(clase individual), 25 € mes (clase en parellas)

XA ESTA ABERTA A INSCRICION podes leer máis e inscribirte neste ENLACE

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. CERRAR